ADEAC escolle Sanxenxo como exemplo en medidas anticovid para as praias

Sanxenxo
07 de maio 2021

O plan de ordenación en cuadrículas da praia de Silgar con motivo do covid-19, foi un dos motivos polos que Adeac seleccionou a Sanxenxo como municipio de referencia para que as medidas anticovid levadas a cabo o verán pasado sexan exemplo para o resto de areais que luzan o distintivo de bandeira azul

Praia de Silgar coas áreas parceladas
Praia de Silgar coas áreas parceladas

O plan de ordenación en cuadrículas da praia de Silgar con motivo do covid-19, foi un dos motivos polos que Adeac seleccionou a Sanxenxo como municipio de referencia para que as medidas anticovid levadas a cabo o verán pasado sexan exemplo para o resto de areais que luzan o distintivo de bandeira azul.

Durante esta semana, Juan Deza, concelleiro de Medio Ambiente, explicou aos máis de 200 representantes municipais o sistema de parcelación de Silgar, a intensificación da limpeza de baños cada hora e media, así como o labor dos informadores de praias para garantir as medidas de seguridade sanitarias.

No acto, realizado por videoconferencia, tamén participaron o concello de Vélez (Málaga), Vigo, Tenerife, Islantilla (Huelva), Blanes (Xirona), Castelló, Valencia e as Illas Baleares. Sanxenxo foi un dos oito municipios españois seleccionados pola Adeac e, xunto a Vigo, foron os dous únicos municipios galegos elixidos.

Segundo informou Deza, o sistema de limpeza de praias cada hora e media manterano durante este verán a diferenza das cuadrículas, que "non serán necesarias este verán porque as condicións sanitarias son distintas. A gran afluencia de visitantes de mediados de xullo a finais de agosto e moita xente estará vacinada".