Adeus ás fochancas no paseo das Palmeiras

Pontevedra
18 de febreiro 2020

O pavimento, segundo recorda o departamento de Parques e Xardíns, estaba en moi malas condicións polo castigo dos últimos temporais de choiva e vento. A intervención, que ten un custo de 4.800 euros, consistirá na cobertura do firme con pavimento terrizo igual ao xa existente e con xabre compactado

Traballos nos camiños das Palmeiras
Traballos nos camiños das Palmeiras / PontevedraViva

Unha actuación que se está a desenvolver estes días permitirá poñer fin ás incómodas fochancas que, ata o de agora, había nos camiños do parque das Palmeiras.

Os traballos, que se están executando no camiño que discorre entre a parte traseira do Pazo Provincial e o parque das Palmeiras, están a ser realizados con carácter urxente.

O pavimento, segundo recorda o departamento municipal de Parques e Xardíns, estaba en moi malas condicións polo castigo dos últimos temporais de choiva e vento.

A intervención, que ten un custo de 4.800 euros, consistirá na cobertura do firme con pavimento terrizo igual ao xa existente e con xabre compactado.

Tras estas obras de urxencia, o Concello traballará nun proxecto que incluirá a mellora do sistema de canalización de pluviais do parque co que, en principio, evitará que estes estragos se repitan de xeito tan habitual.