Adiántase a posta en marcha das restricións no tráfico con motivo do medio maratón

Pontevedra
14 de outubro 2022

Por cuestións organizativas os peches de rúas previstos para a celebración desta proba deportiva que se disputará o vindeiro domingo 16 de outubro, adiántanse as restricións no tráfico nunha serie de puntos da cidade

Ponte dos Tirantes
Ponte dos Tirantes / PontevedraViva

A Policía Local de Pontevedra previu un operativo especial de tráfico con motivo da celebración do medio maratón.

Por cuestións organizativas adiántanse as restricións no tráfico nunha serie de puntos da cidade cos peches de rúas previstos para a celebración desta proba deportiva que se disputará o vindeiro domingo 16 de outubro

Por exemplo, será ás seis da mañá o peche na Ponte dos Tirantes e a rúa Alexandre Bóveda en sentido de entrada á cidade.

Tamén se adiantan ás sete da mañá as restricións en ambos os sentidos na Avenida de Bos Aires entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte das Palabras, en Monte Porreiro.

O último adianto será ás 9:30 horas con restricións á circulación rodada entre a avenida de Uruguai e a de Bos Aires, entre a Ponte das Correntes e a Ponte de Santiago.