Advirten de que o consultorio de Vilalonga seguirá sin o personal facultativo habitual

Sanxenxo
29 de marzo 2022

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo denunciou que o consultorio de Vilalonga "seguirá sen o persoal facultativo habitual xa que non se cobren as ausencias do persoal, co prexuízo que iso causa no servizo". 

Centro de Saúde de Vilalonga
Centro de Saúde de Vilalonga

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo denunciou que o consultorio de Vilalonga "seguirá sen o persoal facultativo habitual xa que non se cobren as ausencias do persoal, co prexuízo que iso causa no servizo". 

Dende esta Plataforma piden a todas as persoas afectadas que cubran as súas follas de reclamacións cara que chegue o seu malestar ao Sergas, "xa que seguen negando a existencia de queixas ou reclamacións por parte dos pacientes". 

"A única forma de recuperar a Sanidade Pública vai ser a base de queixas e reclamacións, secundadas por manifestacións, escritos, etc", din os responsables desta Plataforma.

Estas mesmas fontes sinalan que ata o día 1 de abril non se espera a incorporación dun dos facultativos do Centro de Saúde de Vilalonga, mentras que a médica permanecerá de baixa ata a súa total recuperación. Tanto o luns como o martes, as prazas non foron cubertas e o mércores e xoves enviarán a alguén durante catro horas. A partires do venres, un só facultativo volverá a soportar a axenda dobre.

A Plataforma sinala que "aínda que os casos máis graves se están derivando ao Centro de Saúde de Baltar, sobrecargándoo, o certo é que, en canto aos pacientes crónicos, gran parte do seguimento recae sobre enfermaría. Mentras que os casos menos graves poden chegar a cronificarse, polo que a falta de persoal pon en xaque a eficiente e eficaz atención sanitaria neste centro".

Desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo, reclaman recuperar os servizos sanitarios públicos e anuncian futuras reunións abertas ao público, protestas, e que, despois de Semana Santa comenzarán cun calendario para a recollida de sinaturas para a iniciativa lexislativa popular (ILP) que están a preparar varias plataformas galegas xunto con SOS Sanidade Pública.