Adxudicadas as obras de mellora de viais en Agudelo e Portela

Barro
03 de xuño 2021

Estos trabajos serán executados durante este mes de xuño e forman parte das actuacións que o goberno municipal quere executar para a mellora da capa de rodadura en viais municipais dentro deste 2021

Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro, fala cos representantes da empresa que executará os traballos
Xosé Manuel Fernández Abraldes, alcalde de Barro, fala cos representantes da empresa que executará os traballos / Concello de Barro

Nas últimas horas, o Concello de Barro adxudicaba o proxecto para a pavimentación e mellora dos viais do Plan Marco. Actuarán no tramo que une a zona da igrexa de Agudelo cos lugares de Güimil e Os Casás, que quedou sen mellorar durante o proceso de execución de pistas da concentración parcelaria, segundo informan desde o goberno local.

Tamén está prevista outra actuación no vial paralelo ao viaduto do tren, unha zona que une os lugares de Faxil e o Concello, na parroquia de Agudelo. Mellorarase o espazo máis deteriorado da pista que conecta o lugar da Porriña, na parroquia da Portela, co Camiño Portugués a Santiago de Compostela.

O proxecto adxudicábase á empresa Caldevergazo SL, que presentaba a mellor oferta no concurso. O orzamento supera os 45.771 euros, dos que 37.875 se financian a través dunha subvención procedente da Consellería do Medio Rural dentro do programa Plan Marco 2021-22 de AGADER. O resto do financiamento realizaranse con fondos propios municipais.

As obras executaranse durante este mes de xuño e forman parte das actuacións previstas polo goberno de Fernández Abraldes para mellorar a capa de rodadura en viais de titularidade municipal ao longo deste 2021.