Adxudicadas por 1,12 millóns de euros as obras de humanización da avenida de Ourense en Marín

Pontevedra
14 de setembro 2023

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Agenda Urbana (Mitma) ten previsto crear zonas seguras para peóns, unha nova glorieta que permita o calmado do tráfico e renovar a iluminación na principal vía do municipio marinense

Tramo da Avenida de Ourense que será humanizado
Tramo da Avenida de Ourense que será humanizado / Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) adxudicou por 1,12 millóns de euros (IVE incluído) as obras de humanización da Avenida de Ourense, en Marín.

Os traballos buscan a integración da avenida no espazo urbano do municipio. Afectan o percorrido comprendido entre os quilómetros 4,2 e 5,8 da estrada PO-11.

Estas obras de humanización do tramo de avenida finalizará coa cesión ao Concello de Marín, que pasará a ser o novo responsable da conservación e mantemento como titular da vía.

O Ministerio recoñece que a avenida de Ourense é a principal vía de desenvolvemento do municipio de Marín, relacionado cos límites portuarios e cunha ampla zona peonil, por un lateral, e con edificios con múltiples baixos comerciais, polo outro.

Segundo sinalan desde o goberno central, hai tramos sobredimensionados de aparcamentos en liña e batería con beirarrúas de reducidas dimensións que causan problemas de seguridade para o tránsito peonil.

Con esta obra quérese aumentar a seguridade viaria e reducir a saturación do tráfico, diminuíndo a contaminación na zona e mellorar a calidade de vida, segundo indican desde o Mitma.

As obras afectará á beirarrúa situada alén do porto e á plataforma da estrada. Consistirán en renovar o pavimento e ampliar as beirarrúas na marxe esquerda; rehabilitarán o firme e actualizarán a sinalización horizontal e vertical; tamén se construirá unha glorieta e renovarase a iluminación do tramo.

O proxecto forma parte do Plan de Recuperación, Transición e Resiliencia, con cargo a fondos europeos.