Adxudicado a Audeca o novo servizo de roza viaria para o rural pontevedrés

Pontevedra
26 de setembro 2024

O prezo de licitación do novo contrato, que duplica a súa contía, é de 249.999,97 euros

Labores de roza
Labores de roza / Xunta de Galicia

A tenente de alcalde, Eva Vilaverde, compareceu este xoves, 26 de setembro, en rolda da prensa para dar conta da Xunta de Goberno celebrada a primeira hora na que foi aprobada a proposta de adxudicación do servizo de roza viaria no rural.

A empresa proposta é Audeca SLU, tal e como sinalaron os técnicos municipais encargados da apertura e estudo das propostas presentadas.

Segundo explicou VIlaverde, "trátase dun contrato que permitirá sistematizar e mellorar todo o servizo de rozas no rural, duplicando a súa contía e os traballos a realizar". 

O prezo de licitación deste contrato é de 249.999,97 euros por ano (estará vixente por catro anos, dous máis dous de prórroga). 

Unha vez presenten a documentación requirida finalizarase o procedemento e comezarase co servizo.