Adxudicados os farois na PO-308 entre Soutullo e Portonovo

Sanxenxo
22 de xuño 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de instalación de iluminación na estrada PO-308, por un importe superior aos 485.000 euros

Visita da conselleira Ethel Vázquez ás obras da senda peonil entre A Lanzada e Soutullo
Visita da conselleira Ethel Vázquez ás obras da senda peonil entre A Lanzada e Soutullo / Xunta de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de instalación de iluminación na estrada PO-308, por un importe superior aos 485.000 euros.

Esta actuación foi adxudicada á empresa Arias Infraestruturas e levarase a cabo no treito desta vía de titularidade autonómica comprendido entre Soutullo e Major, no tramo da senda finalizada no pasado verán.

Tamén se realizará a colocación de alumeado pola marxe esquerda da estrada, entre Major e Portonovo, que deberá coordinarse coa execución da senda.

As luminarias son de tipo led regulables e permitirán reducir a intensidade de luz a partir da hora da noite que programe o concello.

Ademais, colocaranse farois para a iluminación diferenciada nos pasos de peóns co fin de facilitar a súa visibilidade.