O colexio Froebel atópase máis preto de resolver algunhas das obras que se atopaban pendentes dentro da reforma deste centro de ensino público de Pontevedra. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, adxudicou a obra por un importe de 53.402 euros e os traballos teñen un prazo de execución de 14 días.
A actuación consistirá na restauración da carrpintería de madeira en diferentes salas do centro e na colocación de novas xanelas coa intención de mellorar o illamento das instalacións. Tamén está previsto o cambio das portas de armarios, instalar estores e realizar algúns acabados menores nas aulas de infantil.
No caso do CEIP A Xunqueira II, a obra consiste nunha reforma da instalación da calefacción, cun importe de 34.423 euros. Conta cun prazo de execución de dous meses.
Dentro da comarca adxudicouse a reforma da instalación da fontanería do CEIP de Tenorio, en Cotobade. Esta mellora conta cun orzamento de 35.275 euros e cun prazo de execución de 2 meses.