Agustín Hernández inaugura a estrada que non puido coa píntega rabilonga

Ponte Caldelas
02 de decembro 2013

Hernández explicou que esta obra xa rematada supuxo un investimento total de 12,8 millóns de euros. Inicialmente este eixo viario tiña outro trazado pero foi necesario modificalo para protexer a un anfibio, de nombre científico Chioglossa lusitanica. As protestas de veciños e colectivos ecoloxistas forzaron á Xunta a deseñar outra alternativa

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, xunto aos alcaldes de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, da Lama, Jorge Canda, e de Cotobade, Jorge Cubela, inauguraron este luns o vial Ponte Caldelas-Forzáns (PO-255), que foi obxecto dunha obra de acondicionamento xunto co tramo Caritel-A Lama (PO-241).

Hernández explicou que esta obra xa rematada supuxo un investimento total de 12,8 millóns de euros. Inicialmente este eixo viario tiña outro trazado pero foi necesario modificalo para protexer a un anfibio, de nombre científico Chioglossa lusitanica. As protestas de veciños e colectivos ecoloxistas forzaron á Xunta a deseñar outra alternativa.

Finalmente quedou unha actuación en forma de Y, con Caritel como eixo central. Foi parcialmente posta en servizo durante o ano pasado. Así, en febreiro de 2012 abriuse ao tráfico o treito Caritel-Forzáns, cunha lonxitude de 2 km; e en xuño do mesmo ano púxose en servizo Caritel- A Lama, con 2,48 km. Para completar os 9 km totais de actuación, recentemente vénse de abrir o treito máis longo, Ponte Caldelas-Caritel, con 4,5 km.

Cómpre sinalar que se executou unha mellora da estrada mediante a rectificación de curvas, mellora do trazado e dúas glorietas, unha en Caritel e outra en Forzáns.