Agustín Reguera anima as asociacións a solicitar a cesión de locais no edificio de Benito Corbal

Pontevedra
27 de xuño 2023

O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, realizou este martes unha visita ao edificio administrativo de Benito Corbal para coñecer o funcionamento e usos destas instalacións do Goberno galego  

O delegado territorial da Xunta visita o edificio administrativo de Benito Corbal
O delegado territorial da Xunta visita o edificio administrativo de Benito Corbal / Xunta de Galicia

O novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, realizou este martes unha visita ao edificio administrativo de Benito Corbal para coñecer o funcionamento e usos destas instalacións do Goberno galego.

Reguera animou ás asociacións e ás entidades sen ánimo de lucro de Pontevedra e a súa comarca a solicitar a cesión de locais sociais neste céntrico inmoble aproveitando que está aberto un novo período para a concesión destes espazos.

O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro luns 3 de xullo e que o Goberno galego ofrece gratuítamente ata 26 espazos para actividades sociais, culturais, deportivas, sociais ou sanitarias.

A Xunta, que recibiu ata a data once peticións, vén de emprender este novo proceso tras a caducidade da adxudicación por catro anos realizada en 2019 e convida aos colectivos a facerse co uso de locais de entre 20 e 40 metros cadrados.