Aínda quedan prazas libres para Campaverán, Raxó-Verán e o Espazo Concilia

Poio
16 de xuño 2020

O prazo de inscrición para todas as ludotecas permanecerá aberto ata o xoves 18 de xuño

Nenos da ludoteca de Poio participan no proxecto divulgativo sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas
Nenos da ludoteca de Poio participan no proxecto divulgativo sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas / Escolas Deportivas de Poio

O Concello de Poio lembra que aínda quedan prazas libres para Campaverán, Raxó-Verán e o Espazo Concilia, destinados a nenos de idades comprendidas entre os tres e os doce anos.

Os dous primeiros están organizados pola Concellería de Educación, mentres que o último é xestionado polo departamento de Igualdade.

Coa organización destas iniciativas, o Goberno local mantén a súa aposta á hora de facilitar ás familias de Poio fórmulas para poder conciliar a súa vida laboral durante os meses de verán.

O prazo de inscrición para todas as ludotecas permanecerá aberto ata o xoves 18 de xuño.

As ludotecas, que se ofrecerán exclusivamente a familias de Poio, cumprirán de xeito estricto con todas as medidas hixiénicas, de distanciamento e sanitarias que marcan as autoridades competentes, limitándose o número de prazas e apostando por espazos que axuden a garantir estes requisitos.

As persoas interesadas en solicitar praza poderán realizar as tramitacións de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Poio, ou ben por vía telemática.

Con respecto ao proceso de inscrición, á hora de adxudicarse as prazas teranse en conta baremos no que primará a situación laboral e sociofamiliar dos solicitantes. Así, obterán máis puntuación aquelas familias nas que os dous proxenitores traballen ou as monoparentais.