Todo o tecido asociativo de Antas, na Lama, está en pé de guerra. Coinciden en expresar a súa "máis enérxica repulsa" á intención da empresa Naturgy de instalar un parque éolico que amezaría unha das zonas más importantes da parroquia, As Ermidas.
Este parque, coñecido como Monte Peón, conta xa coa declaración de impacto ambiental favorable desde o pasado mes de octubre, sinalan os afectados, que acudirán este martes ao Concello para solicitar o expediente de tramitación da obra.
Pedirán ademais un pleno extraordinario para que a corporación municipal determine a súa postura con respecto a este proxecto, subliñan desde a Comunidade de Montes de Antas, a Asociación de Mulleres rurais As Ermidas, a Asociación Cultural As Ermidas, a Comunidade de Augas de Antas e a Asociación de Veciños de Antas.
O futuro parque, denuncian estes colectivos, incumpriría "normas fundamentais" para este tipo de instalacións como a distancia ás vivendas, a alteración ambiental, a desaparición de masa forestal ou a afección á saúde das personas -250 veciños na propia zona- e a fauna ameazada.
Consideran tamén que o patrimonio da zona quería danado de maneira "determinante". Así, quedaría "destrozado" o camiño tradicional do santuario das Ermidas, a zona de petróglifos, todo o parque e o propio santuario, varios regos de auga ou a propia paisaxe en si.
Os afectados advirten que tomarán medidas xurídicas para tratar de frear a tramitación deste parque, unha loita "que estamos dispostos a levar ante os tribunais ou mesmo a Europa", ante o que consideran unha situación de "indefensión" que os prexudica "gravemente".