Aleksandar, o irmán de Drazen Petrovic, pasa por Pontevedra percorrendo o Camiño Portugués a Santiago

Pontevedra
29 de maio 2018

O actual seleccionador de baloncesto de Brasil participa na iniciativa O Camiño remata en Obradoiro na que participan peregrinos ilustres

Aza Petrovic con Moncho Fernández facendo o Camiño Portugués a Santiago
Aza Petrovic con Moncho Fernández facendo o Camiño Portugués a Santiago / El Camino con Correos

Aleksandar Aza Petrovic, actual seleccionador de baloncesto de Brasil e irmán do desaparecido Drazen Petrovic, unha estrela do baloncesto europeo dos anos 80, pasaba durante as últimas horas por Pontevedra como peregrino ilustre dentro da iniciativa O Camiño Acaba en Obradoiro

O que tamén foi xogador da Cibona de Zagreb percorre durante estes días o Camiño Portugués a Santiago, dentro desta proposta que busca potenciar a ruta peregrina. 

Durante o seu paso por Pontevedra, Aza Petrovic fíxose unha fotografía ante a capela da Peregrina co presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, e cos ex xogadores de baloncesto, Raúl Pérez e  Benito Dobrado, aos que o croata dirixiu durante a súa etapa como adestrador no Cajasol de Sevilla. Curiosamente, á mesma hora, outro importante xogador do baloncesto dos anos oitenta, Fernando Romay, atopábase tamén en Pontevedra nun acto na Casa da Luz.

Durante esta xornada de martes, Petrovic continuaba a ruta cara Caldas. Nesta ocasión, seguiu o camiño acompañado polo adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, charlando de baloncesto.