Alerta en Pontevedra tras unha estafa de 3.000 euros a unha anciá nunha venda a domicilio

Pontevedra
27 de xuño 2022

A Policía Nacional emitiu unha alerta para que os cidadáns non sexan vítimas de posibles estafas na venda de produtos a domicilio. Fano despois dunha muller de avanzada idade perdese máis de 3.000 euros nunha destas transaccións

Policía Nacional na rúa Benito Corbal
Policía Nacional na rúa Benito Corbal / Mónica Patxot

A Policía Nacional emitiu unha alerta para que os cidadáns non sexan vítimas de posibles estafas na venda de produtos a domicilio. Fano despois dunha muller de avanzada idade perdese máis de 3.000 euros nunha destas transaccións.

A vítima denunciou na comisaría ser estafada na venda dun produto valorado en máis de 3.000 euros, tras asinar un documento para abonalo en 24 cotas de 130 euros.

Debido a iso, a autoridades insisten en que non facilitemos o acceso ao fogar a ningún descoñecido e que non nos deixemos enganar por ofertas moi atractivas ou agasallos, xa que en múltiples ocasións o obxectivo final é cobrar uns prezos abusivos ou enganosos.

As vítimas máis propicias para estas estafas, lembra a Policía Nacional, adoitan ser persoas de idade avanzada, que principalmente viven soas.

Os estafadores, nalgunhas ocasións, para facer máis atractivo o servizo, ofrecen agasallos para captar a atención e complicidade das súas vítimas, buscando sempre lograr pechar unha visita dun técnico no domicilio.

Unha vez comparece o técnico no domicilio, adoitan ser vendedores agresivos que presionan aos maiores ata o punto de sentirse obrigados a efectuar a compra do produto.

Ademais unha vez conseguen acceder ao interior do domicilio en numerosas ocasións aproveitan para subtraer obxectos, xoias e diñeiro que as vítimas teñen por casa. 

Ante calquera dúbida, sinalan desde a Policía Nacional, hai que chamar ao teléfono 091.