O Concello de Soutomaior está en alerta hidrolóxica e pendente do encoro de Eiras.
Segundo anunciou a administración local, vén de recibir aviso de alerta hidrolóxica pola apertura de comportas na presa para rebaixar o nivel de auga na infraestrutura.
"Ante a posibilidade de que se produzan incidencias pola subida de caudal nas zonas fluviais de Soutomaior, rogámoslle á veciñanza do noso concello que extreme as precaucións e siga as recomendacións", sinala o Concello.
Estas recomendacións pasan por non achegarse ás zonas próximas dos ríos Verdugo e Oitavén polo risco de desbordamentos, especialmente desde as 14.35 horas deste sábado ao ser momento de marea crecente. Ademais rogan que non se estacionen vehículos nin obxectos móbiles en zonas próximas aos ríos.
Por último a recomendación xeral do Concello, ante a mala climatoloxía, pasa por "evitar saír dos nosos fogares a condición de que non sexa necesario".