Alertan da desaparición do tecido industrial da comarca por "un sentido del medio ambiente mal entendido"

Pontevedra
09 de febreiro 2015

Melalyset, Grupo Nogar, ASAI, Manufacturas do Lérez S.L., Ingeniería y Montajes Rías Bajas S.A., Talleres Metaca S.L., Egasen e Enermetal son os oito impulsores da Plataforma de apoio á industria na bisbarra de Pontevedra, que se presentou este luns con intención de promover o desenvolvemento industrial do ámbito "ayudando, aconsejando y apoyando cualquier iniciativa empresarial que se presente"

Sete dos oito empresarios impulsores da Plataforma de apoio á industria na comarca de Pontevedra
Sete dos oito empresarios impulsores da Plataforma de apoio á industria na comarca de Pontevedra / Mónica Patxot

"Un sentido del medio ambiente mal entendido" e "una indecisión política de todos los ayuntamientos" son, a xuízo da nova Plataforma de apoio á industria na comarca de Pontevedra, as causas de que dende hai anos se estea a dar unha "desaparición de todo tejido industrial" na zona. Ante esta situación, oito empresarios decidiron tomar cartas no asunto e promover este novo colectivo.

José Manuel Sánchez Pérez (Melalyset), Agustín Nogueira (Grupo Nogar), Belén González Rey (ASAI), Alberto Javier Pérez Pérez (Manufacturas do Lérez S.L.), Cándido Farto Acuña (Ingeniería y Montajes Rías Bajas S.A.), Juan Carlos Pastoriza Soto (Talleres Metaca S.L.), Juan José Barreiro Canabal (Egasen) e José Gálvez Pérez (Enermetal) son os oito impulsores da iniciativa, que este luns se presentou oficialmente no Galicia Palace de Pontevedra.

No seu manifesto fundacional decláranse "hartos" da desaparición industrial en toda a comarca e avanzan que a súa intención é promover o desenvolvemento industrial do ámbito "ayudando, aconsejando y apoyando cualquier iniciativa empresarial que se presente". Iso si, aclaran que "siempre dentro de la legalidad y respetando todos los códigos que haya que respetar".

Centran o seu discurso especialmente en dúas actividades, a pasteira ENCE e o Porto de Marín

Segundo explican, os motivos que os unen son crear postos de traballo, defender os que "están en peligro por culpa de algunas asociaciones o movimientos pseudo medioambientales" e incentivar todas aquelas proposta que traian desenvolvemento, investimentos y riqueza a la comarca. Aínda que aseguran que nacen en defensa de todas as industrias da comarca, centran o seu discurso especialmente en dúas actividades, a pasteira ENCE e o Porto de Marín e as empresas afectadas polo derrubamento dos recheos portuarios ordenado polo Tribunal Supremo.

Estes empresarios sosteñen que Pontevedra e o seu ámbito "tienen infinitas posibilidades" e esta industrialización que eles defenden "no está en absoluto reñida con otras labores, artes o actividades", pero, para conseguilo, é necesario que as distintas administracións públicas "se posicionen". Eles aseguran que están "a esperar como auga de maio" unha actuación neste sentido, pois levan vendo "anos" que toda iniciativa industrial e empresarial que intenta asentarse na comarca tan só recibe paus nas rodas e dificultades como os atrasos en conceder concesións urbanísticas.

Consideran necesario que as distintas administracións públicas "se posicionen"

"Pontevedra es la primera en algo, en destrucción de empleo", denuncian. E para coller forza na defensa do emprego e a industria aspiran a facer unha fronte común que englobe a todo o tecido industrial e empresarial. Manteñen a porta aberta a asociacións como AJE ou AEMPE, comercios e particulares porque "tenemos en nuestras manos el futuro de las generaciones venideras".

A curto prazo márcanse como obxectivo reunirse cos alcades de todos os concellos da comarca, en especial Marín e Pontevedra. A pesar desa liña de traballo a nivel político e de que a plataforma xorde en período pre electoral, negan calquera vinculación política e aseguran que "no somos de ningún partido" e que "ha sido una absoluta coincidencia" que as eleccións municipais do 25 de maio estean á volta da esquina.