Alertan de desprendementos de pedras na PO-223 en Xeve

Pontevedra
26 de setembro 2023

Os veciños do lugar de Fragoso en San Andres de Xeve, móstranse preocupados polo estado da estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro xusto no quilómetro 7 onde "se dan frecuentes caídas de pedras á calzada", algo que "sucede sobre todo cando chove, por ser unha zona húmida e pantanosa"

Caída de pedras na estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro
Caída de pedras na estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro / Xeve.gal

Os veciños do lugar de Fragoso en San Andres de Xeve, móstranse preocupados polo estado da estrada PO-223 entre Pontevedra e Campo Lameiro xusto no quilómetro 7 onde "se dan frecuentes caídas de pedras á calzada", algo que "sucede sobre todo cando chove, por ser unha zona húmida e pantanosa".

Alertan de que esta fin de semana "volveron a caer unhas pedras enormes á estrada, e grazas á pronta intervención dos veciños, conseguiron apartalas antes de que se producise un accidente. Que dito sexa de paso, foron varios nos últimos dous anos".

Os veciños de Fragoso lamentan que a Xunta de Galicia, que é a administración responsable da carreta e o seu coidado, "fai caso omiso ás moitas reclamacións que os veciños veñen facendo desde hai anos".

Lembran que "fai uns 25 anos, cando se actuou e arranxaron esta carreta a Campo Lameiro", pero que "deixaron sen terminar neste lugar concreto o muro de contención".

Os veciños fixeron escritos e denunciado esta situación, "pero cada vez é peor". 

Por iso piden que a Xunta actúe e realice un muro de contención ou amplíe o espazo para cando se dean estas caídas. "Porque calquera día van producir moi graves consecuencias", advirten.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora