O Partido Popular celebraba este domingo en Sanxenxo un mitin coa participación de Alfonso Rueda, presidente do PPdeG; Ana Pastor, cabeza de lista ao Congreso; e Telmo Martín, alcalde da vila turística.
Rueda pediu aos galegos que acudan o vindeiro domingo 23 de xullo á surnas con ilusión e está convencido de que Galicia votará por unha maioría ampla para Alberto Núñez Feijóo, candidato á presidencia do Partido Popular.
O presidente do PP de Galicia destacou a capacidade de traballo do PP e puxo como exemplo a Telmo Martín sinalando que esa fórmula debe ser a liña que siga todo político.
Pola súa banda, Ana Pastor reclamou estabilidade e apuntou que Núñez Feijóo xa desmostró do que é capaz mentres exerceu como presidente en Galicia e "agora chegou o momento de que volva demostralo como presidente de todos os españois".
Por último, Telmo Martín, apelou ao voto útil e engadiu que é necesario un goberno de Feijóo en Madrid para recuperar proxectos importantes para Sanxenxo como, segundo citou, a recuperación do patrimonio arqueolóxico da Lanzada ou a rehabilitación da fachada marítima entre Barreiros e Canelas.