O Partido Popular reuníu á súa plana maior en Santiago de Compostela para presentar conxuntamente a todos os seus candidatos e candidatas ás principais alcaldías do país, entre elas as das sete grandes cidades galegas.
Así, baixo a lema "Máis cerca", os populares exhibiron músculo de cara ás eleccións municipais de 2027, presentando a uns candidatos que, segundo os responsables do partido, "están a anos luz" do resto dos seus rivais políticos.
Con respecto aos alcaldables galegos, Alfonso Rueda definiunos como o "sete magníficos" e destacou que contan cun partido "potente, unido e orgullo" detrás.
O seu reto será aumentar os gobernos do PP nas grandes cidades, xa que segundo recoñeceu Rueda, "aínda que gañamos en case todas non gobernamos na maioría".
Durante a súa intervención, o presidente galego quixo ter unhas palabras para cada un destes candidatos, entre eles Rafa Domínguez, que volverá tentar derrocar ao BNG de Miguel Anxo Fernández Lores tras 28 anos na alcaldía.
"Esta vez si serás alcalde", aseguroulle a Domínguez, ao que lle agradeceu que volva tentar ser o próximo rexedor de Pontevedra e ao que lle pediu "ir a por máis".
Pola súa banda, o candidato do PP á alcaldía pontevedresa afirmou que está preparado para liderar un proxecto que faga de Pontevedra unha cidade "moderna, áxil e ambiciosa".
Entre as súas prioridades, citou a mellora do tráfico e o aparcadoiro, a limpeza viaria e o mantemento dos espazos públicos, o reforzo da seguridade, o incremento do apoio ao deporte e a apertura de Pontevedra á ría cun proxecto "transformador".
Ademais, Rafa Domínguez avanzou o seu plan para recuperar o esplendor da Alameda e esbozou a súa intención de aprobar un PXOM, de pór fin ao abandono que sofren os barrios e as parroquias da cidade e de incrementar o investimento en servizos sociais.
Como peche desta presentación conxunta, tomou a palabra o líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, que instou a todos os seus candidatos á exercer o cargo "con decencia e servizo", sen caer na pleitesía ao líder do partido nin en prácticas personalistas.
"Non quero que me deades a razón cando non a teño. Eu non quero que me chamedes o puto amo, porque me daría vergoña se algún fala así", sentenciou.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.