A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés presentou este venres a alumnado de 1º e 2º de bacharelato do IES de Vilalonga en Sanxenxo o seu programa piloto "Man a man", que propón unha iniciativa interxeracional cun modelo efectivo-afectivo que vincula aos netos e adolescentes coma promotores de acceso na xestión farmacoterapéutica e de saúde dos seus avós.
Cuestións coma citas médicas, axuda na recollida da medicación, interese polo seu plan de medicación, colaboración na elaboración do "pastillero" e sempre utilizándoo como tempo de calidade, interactuando cos seus maiores.
Dito programa piloto contou cunha sesión informativa impartida a arredor de 270 alumnos do IES de Vilalonga, onde se lles propuxo a oportunidade de aunar a dúas xeracións, a dos adolescentes nativos dixitais con persoas maiores cunha gran fenda dixital.
Segundo sinalou a promotora e deseñadora desta iniciativa e subdirectora de Prestación Farmacéutica da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Nuria Iglesias Alvarez "este proxecto xurdiu do reto de achegar aos xóvenes e os seus coñecementos informáticos ás persoas maiores con enfermidades crónicas, onde o uso eficaz e seguro da súa medicación, xunto con outras ferramentas de xestión da súa saúde, son a clave para acadar unha vellez independente e cunha axeitada calidade de vida".
TRABALLO EN EQUIPO
"Man a man" promove o traballo en equipo entre adolescentes e pacientes crónicos, que tamén contribúe a diminuír os incidentes relacionados coa seguridade clínica. Así mesmo, aproveita o uso por parte da xuventude das redes sociais coma medio de socialización e entretemento e coma ferramenta para facerlles partícipes dos asuntos domésticos, vencellándolles nas dinámicas familiares e para colaborar cos seus maiores coas mensaxes: "anímate a axudarlles, a coñecelos, atrévete a coidalos como eles coidáronche a ti, atrévete a participar, atrévete a coñecer as pastillas que toman os teus avós".
Así mesmo, este programa piloto auspiciado pola Área Sanitaria quere aumentar a adherencia aos tratamentos, diminuír os atrancos relacionados cos medicamentos e os eventos adversos evitables relacionados coa farmacoterapia.
Ademáis, pretende aumentar a sustentabilidade ambiental a través da diminución de sobrantes de medicación, aumentando a satisfacción de maiores e adolescentes na experiencia vivida nos seus coidados.