Alianza entre Cuntis e A Estrada para obter fondos europeos

Umia
04 de marzo 2021

O alcalde da vila termal, Manuel Campos, visitou este xoves o veciño municipio da Estrada para reunirse co seu homólogo, José López

Reunión entre os alcaldes de Cuntis, Manuel Campos, e A Estrada, José López Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira Ana Loureiro desprazáronse ata o veciño concello da Estrada para manter unha reunión co alcalde José López. O encontro serviu para achegar posturas entre ambos os gobernos para a participación conxunta en proxectos europeos.

Esta colaboración ten como obxectivo conseguir solucións comúns en ámbitos como o agrario e gandeiro, forestal e medio ambiente para optimizar investimentos e o acceso a financiamento europeo.

A boa disposición que existe entre as dúas corporacións fixo que a reunión resultase moi construtiva.

O rexedor cuntiense recoñeceu o importante que é buscar accións comúns con outras entidades locais para poder acometer grandes proxectos que pola súa magnitude serían dificilmente abordables.

O seu homólogo da Estrada, pola súa banda, apuntou que é preciso buscar sinerxias que melloren o benestar da cidadanía.