Alianza Social Galega alza a súa voz en Pontevedra contra a "lei mordaza" aprobada polo Goberno

Pontevedra
13 de novembro 2014

Medio centenar de persoas concentráronse este xoves diante da sede provincial do Partido Popular en Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro. Responderon á chamada de Alianza Social Galega, un colectivo que optou por mobilizarse para mostrar o seu rexeitamento frontal á reforma do Código Penal e á nova lei de seguridade cidadá coa que, denuncian, o Goberno busca "converter o conflito social nun problema de orde público"

Manifestación de Alianza Social Galega contra a nova lei de seguridade cidadá
Manifestación de Alianza Social Galega contra a nova lei de seguridade cidadá / Mónica Patxot

Medio centenar de persoas concentráronse este xoves diante da sede provincial do Partido Popular en Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro. Responderon á chamada de Alianza Social Galega, un colectivo que optou por mobilizarse para mostrar o seu rexeitamento frontal á reforma do Código Penal e á nova lei de seguridade cidadá coa que, denuncian, o Goberno busca "converter o conflito social nun problema de orde público".

Cualificada como a "lei mordaza", os representantes de Alianza Social Galega concentráronse en silencio ante a sede popular, custodiados permanentemente por efectivos policiais, para esixir a retirada desta ley.

Este colectivo, formado entre outros por entidades sociais, sindicatos e partidos políticos, entende que este cambio normativo é un "paso atrás nos dereitos máis básicos dos cidadáns", xa que criminalizar a protesta social, as liberdades públicas e as vías de participación democrática. Sitúanos en moitos aspectos na época do franquismo, sinalan os seus voceiros.

Alianza Social Galega asegura que esta nova lei é un "golpe de estado encuberto" e que ten como obxecto reprimir a "contestación social" ante actuacións "inxustas" do Goberno.