Alta participación de comparsas e grupos no desfile do Entroido en Poio

Poio
03 de marzo 2024

As novidades incluídas este ano, cun traxecto máis curto e cómodo, e o horario de mañá, serviron de atractivo para aumentar o número de participantes, segundo indican desde o Concello. Deste xeito, sinalan que se achegaron agrupacións de toda a provincia con ganas de festa

Desfile do Entroido en Poio 2024
Desfile do Entroido en Poio 2024 / Concello de Poio

Desde distintos puntos da provincia como Soutomaior, Sanxenxo, Gondomar, Meis ou Pontevedra achegáronse comparsas e grupos para participar no Desfile de Entroido do municipio de Poio.

Segundo o Concello, o novo percorrido de menor distancia que en anos anteriores e o horario matinal foi decisivo para atraer outras agrupacións e persoas con ganas de mostrar os seus disfraces a todo o público que asistiu á cita.

Os Canecos, As Sonecas, 100Tolos e Grupos de Entroido de Samieira participaron como comparsas, ás que se sumaron as invitadas de Os Retrincos, Os Miúdos, Politicamente Incorrectos, Cor Café e Os da Caña.

O percorrido realizábase entre a Biblioteca Municipal e a Praza da Granxa e, durante o traxecto, os colectivos participantes mostaron o seu humor e realizaron bailes.

A choiva fixo presenza nalgúns momentos do desfile. Finalmente, os participantes gozaron dunha sesión vermut con animación musical de D Due. Neste encontro final repartíanse os 4.450 euros de premios para esta edición.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en