Alumnos do instituto Valle Inclán desembarcan en Normandía

Pontevedra
02 de abril 2019

Corenta alumnos de 3º e 4º da ESO do instituto Valle Inclán de Pontevedra, integrados no proxecto Escola Embaixadora Junior do Parlamento Europeo, participaron nun intercambio estudiantil europeo con Normandía

Alumnos do 3º e 4º da ESO do Instituto Valle Inclán
Alumnos do 3º e 4º da ESO do Instituto Valle Inclán / IES Valle Inclán

Corenta alumnos de 3º e 4º da ESO do instituto Valle Inclán de Pontevedra, integrados no proxecto Escola Embaixadora Junior do Parlamento Europeo, participaron nun intercambio estudiantil europeo con Normandía entre o 25 de marzo e o 2 de abril. Acompañáronos as súas profesoras de francés, Leonor Rodríguez Tato e María de los Santos e a súa auxiliar de conversación, Claire Monpin.

O obxectivo do programa, para o alumnado galego e mesmo para o francés, é mellorar a competencia lingüística e coñecer en profundidade a cultura e historia de Europa ligada a cada unha destas rexións. Neste caso Normandía, durante o mes de marzo para os alumnos do Valle Inclán, e Galicia para o estudiantado francés, en maio.

O grupo de Pontevedra realiza o intercambio co alumnado do instituto de Villers-Bocage de Normandía, no departamento xeográfico de Calvados, que o acolle durante unha semana. O alumnado normando estará en Pontevedra entre o 10 e o 17 de maio. 

Neste tempo, os rapaces de Pontevedra asistiron ás clases no instituto francés, e visitaron el Mont Saint Michel e Saint Malo, as praias do desembarco da II Guerra Mundial. En Arromanches, o profesor francés Emmnanuel Maurice explicoulles algúns detalles do "Día D" e da última fase deste conflicto bélico.