Amigos de Galicia pide a implicación cidadá para recoller 500 litros de leite este sábado

Pontevedra
04 de xullo 2019

A Fundación organiza este sábado 6 de xullo unha recollida solidaria de leite en horario de 9.30 a 14.00 horas no supermercado Gadis de avenida de Vigo. Buscan incrementar a cantidade de leite achegado ás familias para suplir unha demanda que se xera #ante o peche dos comedores escolares no verán

Amigos de Galicia recolle alimentos na Sétima Feira
Amigos de Galicia recolle alimentos na Sétima Feira / Cristina Saiz

A Fundación Amigos de Galicia organiza este sábado 6 de xullo unha recollida solidaria de leite que irá destinada aos menores das familias ás que a entidade atenda en Pontevedra

A recollida realizarase en horario de 9.30 a 14.00 horas no supermercado  Gadis de avenida de Vigo. O obxectivo marcado son 500 litros e animan a toda a cidadanía pontevedresa a colaborar na campaña.

Segundo os datos achegados pola Fundación, desde comezos deste ano 2019 a entidade atenda na cidade unha media de 254 nenos ao mes en colaboración cos servizos sociais municipais, polo que se necesita moita cantidade de leite

A pesar de que o leite é un produto que habitualmente xa se entrega a estas familias, a entidade organiza esta recollida porque ten a intención de incrementar a cantidade achegada durante os próximos meses para responder unha demanda que se xera ante o peche dos comedores escolares no período estival

Ademais, insisten na importancia do calcio no período de crecemento.