Amizade lembra a importancia de cubrir o marco de axuda social na declaración da renda

Pontevedra
14 de abril 2023

A asociación Amizade lembra a importancia de cubrir o marco de axuda social na declaración da renda para poder levar a cabo o “Programa de atención integral a persoas con discapacidade” da comarca de Pontevedra

Servizos da asociación Amizade
Servizos da asociación Amizade /

A asociación Amizade lembra a importancia de cubrir o marco de axuda social na declaración da renda para poder levar a cabo o “Programa de atención integral a persoas con discapacidade” da comarca de Pontevedra.

O proxecto, que será dirixido a 70 persoas con discapacidade, ten como fin a xestión dos diferentes servizos de promoción da autonomía persoal e de accesibilidade, de actividades de ocio e de charlas de sensibilización.

A asociación agradece a cofinanciación da Xunta de Galicia e a colaboración da cidadanía para seguir ofrecendo os seus servizos de información e asesoramento, logopedia e ximansio, entre outros. 

Incide na necesidade de que a poboación marque o recadro de “Actividades de interese xeral consideradas de interese social” na declaración da renda para que poidan continuar contribuindo ao benestar de persoas con discapacidade.