Este domingo celebrouse o Desfile do Entroido de Marín que estivo animado por oito comparsas e sete grupos.
O desfile arrincou ás cinco da tarde da Praza do Regueiro percorrendo a Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal e Parque Eguren.
O xurado concedeu o primeiro premio en comparsas a Amoriños de Bora, o segundo para os Solfamidas, Os Miúdos (3º), Las flores del Carnaval (4º) e Os do Pinsel (5).
Na categoría de grupos leváronse o primeiro premio Cor Café, sendo o segundo para A fraga encantada, Queen forever (3º), Toy Narrativa (4º), Asociación A Pandilla (5º), Murga Tinta femia (6º), As faltriqueiras (7º), Aldea do rural (8º) e La alegría de la huerta (9º).
Na categoría parellas o primeiro premio foi para "Unha especie a piques de extinguir", o segundo "Reflexos das mascaras galegas de Entroido" e o terceiro para "Dragones e mazmorras".
Finalmente, en canto aos disfraces individuais, en primeiro lugar foi premiada "Avestruz revltosa", o segundo premio foi para " Wampa" e o terceiro para " Gatito de peluche".
O entroido continúa este luns coa Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.