Ana Cancela recolle o premio Sanxenxo na Historia polo seu traballo ao fronte do Seminario de Estudos Locais

Sanxenxo
29 de agosto 2020

Este venres finalizaba no Auditorio Emilia Pardo Bazán as Xornadas Sanxenxo na Historia coa intervención do vicepresidente da Xunta en funcións Alfonso Rueda e do alcalde da vila turística Telmo Martín, que destacaron a importancia de promover o patrimonio cultural local

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, durante a clausura das Xornadas Sanxenxo na Historia
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, durante a clausura das Xornadas Sanxenxo na Historia / Xunta de Galicia

Ana Cancela recibía durante a tarde deste venres o premio Sanxenxo na Historia despois do seu traballo durante unha década á fronte do Seminario de Estudos Locais, paso previo á creación de Aelos, a Asociación Cultural de Estudos Locais. 

Coa entrega deste premio clausurábanse as Xornadas Sanxenxo na Historia que se desenvolveron ao longo da semana no Pazo Emilia Pardo Bazán. Ana Cancela recibía o  premiio de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia en funcións Alfonso Rueda e manifestaba o seu agradecemento ao apoio que sempre tivo no seu labor afirmando que o traballo das asociacións é invisible en moitas ocasións.

O alcalde Telmo Martín destacou que estas xornadas convertéronse nun evento imprescindible no verán do municipio e lembrou que o municipio conta cun importante patrimonio arquitectónico composto por 172 elementos protexidos entre igrexas, pazos, casas  solariegas, hórreos, cruceiros e outras construcións.

Pola súa banda, Alfonso Rueda Valenzuela pechaba as intervencións desta undécima edición apuntando á importancia de promover o patrimonio cultural local e os valores históricos e artísticos para manter a identidade de cada lugar.