A ministra de Fomento, Ana Pastor, subscribiu este martes os convenios para a rexeneración e renovación de 55 áreas urbanas en Galicia, nos que o ministerio achegará máis de 12,17 millóns de euros.
Entre outras rehabilitacións inclúense:
- 99 vivendas no municipio de Marin, a achega por parte do Ministerio de Fomento ascenderá a 334.313 euros.
- 16 vivendas no centro histórico de Combarro no municipio de Poio. Fomento achegará 94.222,51 euros.
- 58 vivendas no núcleo de Estribela no municipio de Pontevedra. Fomento achegará 125.361,55 euros.
- 100 vivendas no centro histórico do municipio de Pontevedra. Fomento financiará con 624.638,45 euros.
- 11 vivendas no casco antigo de Vilagarcía de Arousa. (65.560 euros).
- 11 vivendas no núcleo de Vilaxoan en Vilagarcia de Arousa. (65.560 euros).
- 60 vivendas no municipio de Cambados. (357.600 euros).
- 11 vivendas no núcleo de Carrilo no municipio de Vilagarcia de Arousa. (65.560 euros)
En todos os casos a este financiamento de ministerio hai que sumar a achega do concello correspondente e os particulares.