Ana Pastor, oficialmente recoñecida galega

Pontevedra
31 de marzo 2017

O Club de Xornalistas Galegos en Madrid distingue a súa traxectoria e apego a Galicia

Entrega do galardón "Galego do Ano" a Ana Pastor Julián Manuel Seixas/Lalín Press

Na noite deste xoves 30 de marzo, o Club de Periodistas Gallegos en Madrid fixo entrega da súa distinción "Galego do Ano" 2016 á presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor Julián.

O club quixo distinguir a esta política zamorana de nacemento, pero galega de adopción, pola súa actualidade xornalística ao ser nomeada o pasado ano como terceira autoridade do país, tras o Rey Felipe VI e o presidente do Goberno, Mariano Rajoy. A súa relación con Galicia e a súa traxectoria política foron resaltadas reiteradamente á longo de a cea de gala á que asistiron o ministro de Educación, Cultura e Deporte e portavoz do Goberno, Íñigo Méndez de Vigo, así como altas autoridades do Goberno de España e da Xunta de Galicia xunto cos máximos representantes da colectividade galega na capital de España.

A galardoada expresou no seu discurso que "el ejemplo de todos los galardonados como hijos de Galicia constituye para mí un acicate para afrontar valientemente, con el mayor compromiso –y también con el mayor respeto por la dignidad del cargo–, el trabajo que ahora me toca desempeñar como presidenta del Congreso de los Diputados".

Ana Pastor referiuse ademais ao papel de Galicia ao longo da historia democrática de España: "No puede extrañar a nadie que la democracia española tenga en Galicia un apoyo muy firme; porque este apoyo siempre ha estado presente para todas las causas que hayan requerido de esa generosidad y de ese coraje tan distintivos de los gallegos".

Pola súa banda, a presidenta do club, Pilar Falcón, dixo que "Ana Pastor sabe que ser gallego es una forma de ser universalista; tal vez porque la Historia nos hizo ver el mundo por su envés, en ese eterno viaje de ida y vuelta de los gallegos por el mundo, y el mérito es que ella nos ha elegido a nosotros, sin ser gallega. Que le perdone Zamora".

"El mérito es que ella nos ha elegido a nosotros, sin ser gallega. Que le perdone Zamora"

A laudatio correu a cargo do "Galego do Ano" 2015, o director da Real Academia Española, Darío Villanueva. Este lucense de Villalba uniu a palabra como instrumento no parlamento español á palabra que se recolle e é materia prima do dicionario da RAE e destacou a continuidade dos servizos prestados por Ana Pastor no poder executivo e no lexislativo.

Ademais do ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, asistiron á velada a embaixadora de México, Roberta Lajous Vargas; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o vicepresidente primeiro do Congreso dos Deputados, Ignacio Prendes, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta; Román Rodríguez González; o director xeral de Migracións, Ildefonso de la Campa; o presidente de Ifema, Clemente González Soler, e varios deputados e senadores, entre eles Marta Rivera de la Cruz.

Á marxe da política, personalidades da música como Amancio Prada, da literatura como Camilo José Cela Conde ou o da medicina, o dereito e a investigación se uniron ao que é o acto anual máis importante do Club de Periodistas Gallegos en Madrid. Os presidentes das Asociacións de Xuristas e Empresarios Galegos en Madrid, Carlos Lema Devesa e Julio Lage, respectivamente, e dos distintos centros galegos da Comunidad de Madrid e da Orde da Vieira tamén estiveron presentes.

As orixes do premio Galego do Ano remóntase a 1988, ano que se distinguiu ao coruñés Gonzalo Torrente Ballester. Á lista sumaríanse personalidades e institucións como Camilo José Cela, Fernando Rey, a moda galega, a Universidade de Santiago, Carmela Arias, Carlos Núñez, o Grupo Inditex, o doutor Miguel Cabanela ou o xa mencionado director da Real Academia Española, Darío Villanueva.

Con Ana Pastor son tres as mulleres distinguidas polo Club de Periodistas Gallegos en Madrid, un club con trinta e tres anos de historia.