Ana Pastor, recuperada do coronavirus: "He dado negativo", anuncia nas redes sociais

Pontevedra
23 de marzo 2020

Boas noticias para un dos primeiros casos de coronavirus rexistrados en Pontevedra. Ana Pastor, ex presidenta do Congreso dos Deputados, recuperouse da infección do COVID-19 e, a través das súas redes sociais, confirmou que xa está libre do virus

Ana Pastor, Alfonso Rueda e Pilar Rojo na noite electoral do 28A
Ana Pastor, Alfonso Rueda e Pilar Rojo na noite electoral do 28A / Mónica Patxot

Boas noticias para un dos primeiros casos de coronavirus rexistrados en Pontevedra. Ana Pastor, ex presidenta do Congreso dos Deputados, recuperouse da infección do COVID-19 e, a través das súas redes sociais, confirmou que xa está libre do virus.

Pastor, que deu positivo en Pontevedra tras chegar de Madrid e pasar varios días en corentena, explicou que o test que os médicos lle realizaron nas últimas horas deu negativo.

Así o fixo a través da súa conta en Twitter, desde a que confía en que este anuncio sexa unha mensaxe "de esperanza" para toda a cidadanía.

Ademais, a dirixente do PP quixo dar as grazas publicamente a todos os profesionais sanitarios que están a loitar contra o coronavirus "por su esfuerzo y dedicación".

Ana Pastor foi unha das primeiras políticas do noso país en dar positivo por coronavirus. Desde entón mantívose recluída na súa casa.

Tras aparecerlle a febre e os primeiros síntomas dun posible contaxio do coronavirus, optou por cancelar toda a súa axenda pública e gardar unha corentena voluntaria e, un par de días despois, ela mesma confirmou o seu positivo.