A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este sábado na presentación do candidato do Bloque a Alcaldía de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes a quen definiu como o mellor alcalde da historia do concello e prognosticou que seguirá como rexedor tras a cita electoral municipal.
"Abraldes é o mellor alcalde que tivo nunca Barro e vai seguir sendo o mellor alcalde deste concello a partir do 28 de maio, e sabedes por que? Porque cando os veciños e as veciñas coñecen como goberna o BNG, coñecen o noso modelo municipal de éxito, coñecen a capacidade dos nosos gobernos para transformar en positivo e mellorar a vida da xente, cando coñecen todo isto, reforzan a súa confianza no BNG", explicou.
Ana Pontón afirmou que o candidato do Bloque "demostrou ao longo destes oito anos como alcalde do que é capaz" e por iso, dixo a líder nacionalista, "tras anos de estancamento Barro é agora un concello luminoso, participativo, cun goberno transparente e profundamente democrático".
A portavoz do Bloque destacou como a chegada do goberno que de Abraldes fixo avanzar o concello.