Andaina polo Monte Penizas

Marín
18 de setembro 2017

Esta ruta, cun percorrido aproximado de 12 quilómetros, permaneceu 20 anos oculta polas silveiras e foi arranxada pola Comunidade de Montes de San Xulián e o Concello de Marín, para poder así desfrutar dun dos percorridos máis fermosos do municipio  

Andaina organizada polo Concello de Marín
Andaina organizada polo Concello de Marín / Concello de Marín

O próximo  8 de octubro realizarase a andaina polo Monte Penizas, seguindo a orilla do río Lameira.  

Esta ruta, cun percorrido aproximado de 12 quilómetros, permaneceu 20 anos oculta polas silveiras e foi arranxada pola Comunidade de Montes de San Xulián e o Concello de Marín, para poder así desfrutar dun dos percorridos máis fermosos do municipio.  

Esta é a última das catro andainas organizadas polo Concello e todas as persoas que participasen nun mínimo de tres de ellas, recibirán nesta última un bastón de camiñar.

A salida será as dez da mañá, dende a alameda de Marín.

Os interesados en inscribirse pueden hacerlo en [email protected] ou no teléfono 607 155 726.