Animalistas lamentan a disparidade de sancións aos donos de cans en Marín e Pontevedra

Pontevedra
13 de marzo 2014

Non recoller as feces pode ser sancionado con ata 750 euros, mentres que maltratar un animal cun máximo de 300

Presentación da xornada de adopción de cans no Concello de Pontevedra
Presentación da xornada de adopción de cans no Concello de Pontevedra /

A Asociación Animalista Libera lamenta a disparidade de sanciones que se poñen aos donos dos cans en Marín e Pontevedra.

Un veciño de Marín pode ser sancionado con ata 750 euros por non recoller a deposición do can, non obstante, o maltrato do mesmo animal podería constituír unha infracción leve se, por exemplo, non está alimentado axeitadamente ou non dispón de asistencia veterinaria, co que se multaría con ata 300 euros. Esta gran diferenza de criterios motiva as queixas deste colectivo, que ve como un esquecemento, ou unha falta de criterio de convivencia pode duramente ser sancionado, en lugar do maltrato.

Neste sentido, dende a Asociación Animalista Libera consideran obrigada a cooperación das casas do concello de Marín, Pontevedra e outras localidades para "facilitar a convivencia e espazos axeitados para os animais domésticos, onde non estean suxeitos, nunca mellor dito, á correa en toda a súa saída urbana".

"A creación de áreas caninas, a cesión de determinados espazos fluviais ou dos propios areais costeiros fóra da tempada de verán son algunhas das propostas sinxelas, practicamente a custo cero, que poderían desenvolver os gobernos municipais," din dende Libera.

As campañas "procívicas" tamén son unha obriga das administracións públicas. Como sinalan os animalistas, "en diferentes cidades españolas xa se desenvolven iniciativas, algunhas de grande orixinalidade, como o envío das feces ao responsable de non as recoller ao seu propio domicilio, concienciando dunha forma directa acerca da súa responsabilidade por custodiar un animal".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora