Anselmo Outón Vázquez, veciño de Dorrón, suma 100 anos de vida bañándose a diario na praia de Area de Agra

Sanxenxo
06 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Este veciño de Sanxenxo, mariñeiro de profesión, comezou a traballar con só 12 anos. Aos 55 xubilouse e, na actualidade, camiña todos os días ata a praia para nadar nas augas da ría xa sexa verán ou inverno

Anselmo Outón Vázquez coa a súa muller Carmen recibe o ramo de flores das concelleiras
Anselmo Outón Vázquez coa a súa muller Carmen recibe o ramo de flores das concelleiras / Concello de Sanxenxo

Anselmo Outón Vázquez celebra este sábado 6 de abril un século de vida.

Este veciño de Dorrón, parroquia de Sanxenxo, vive coa súa muller Carmen, de 82 anos, e cunha das súas fillas. E goza dun bo estado de saúde aos seus cen anos.

Comezou a traballar como mariñeiro con tan só doce anos. Aos 55 xubilábase. 

A partir dese momento, todos os días realiza paseos camiñando ata a praia de Area de Agra. Alí lánzase a nadar, xa sexa verán ou inverno, nas augas da ría, segundo indican desde o Concello de Sanxenxo.

Este sábado sopraba as tres candeas, acompañado da familia.

As concelleiras Paz Lago e Elena Torres, responsables de Maiores e de Cultura realizaron unha visita ao seu domicilio para entregarlle un ramo de flores como agasallo de aniversario.