Antitaurinos saen á rúa na manifestación máis numerosa en sete anos

Pontevedra
14 de agosto 2016

Máis dun millar de persoas, segundo os organizadores, percorreron as rúas do centro baixo o lema: "A tortura no é arte nin cultura". Touradas fóra de Pontevedra recibiu o apoio de 116 entidades, 21 máis que no ano 2015 e un crecemento exponencial desde a primeira das súas manifestacións no ano 2009, cando recibiran o respaldo de 14 

Manifestación antitouradas 2016 polas rúas de Pontevedra
Manifestación antitouradas 2016 polas rúas de Pontevedra / Cristina Saiz

Persoas e colectivos antitaurinos protagonizaron este sábado a manifestación máis numerosa de todas as que levan celebrado en Pontevedra en pro do abolicionismo das touradas. Máis dun millar de persoas, segundo os organizadores, percorreron as rúas do centro baixo o lema: "A tortura non é arte nin cultura". 

A manifestación foi a máis numerosa en canto a asistencia, pero tamén en canto a colectivos que a apoiaron. Segundo os datos facilitados polos organizadores, Touradas fóra de Pontevedra, recibiron o apoio de 116 entidades, 21 máis que no ano 2015 e un crecemento exponencial desde a primeira das súas manifestacións hai sete anos. No ano 2009 tan sólo recibiran o respaldo de 14. 

Touradas fóra de Pontevedra leva traballando desde o mes de xuño para recoller estes apoios e destaca que "a loita antitouradas cada día está máis presente no traballo de colectivos e organizacións que conforman o tecido social deste país". Na lista de apoios están protectoras e refuxios de animais, veterinarias, partidos políticos, organizacións xuvenís, organizacións ecoloxistas, bandas de música, colectivos animalistas, sindicatos, clubes deportivos e asociacións culturais.

Pese a "ser un colectivo autoxestionado e con poucos recursos para a difusión", aseguran que conseguiron influir nos programas electorais das formacións políticas municipais e que Pontevedra fora declarada "cidade libre de circos con animais". Aplauden tamén que a Deputación declarara provincia de Pontevedra como "territorio libre de touradas" e suprimira as subvencións ao empresariado taurino e á Coordinadora de Peñas Taurinas.

Nesa loita tamén aplauden que se teña producido un debate arredor do convenio que asina o Concello de Pontevedra coa empresa propietaria da praza de Pontevedra para o uso das instalacións ao longo do ano e sobre a supresión das touradas no programa de festas da Peregrina, pero neste case anuncian que van a seguir loitando ata que non se lles aporte cartos municipais aos empresarios taurinos