Antitouradas piden a Rueda que non acuda "al ruedo"

Pontevedra
16 de xullo 2022

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas pide ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que non asista ás corridas de touros de Pontevedra

'El Fandi' na Feira Taurina da Peregrina 2019
'El Fandi' na Feira Taurina da Peregrina 2019 / Diego Torrado

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas pide ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que non asista ás corridas de touros de Pontevedra.

O colectivo reuniu 140.000 firmas a través dunha petición de Change.org en contra das corridas de touros na Boa Vila.
Nun comunicado, a plataforma antitaurina lembra que Pontevedra é a única localidade galega que acollerá corridas de touros esta tempada, con dúas xornadas de actividade.

Os abolicionistas afirman que senten "suficiente apoio social como para demandar ao novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que non asista a ningunha das convocatorias", pois entenden que "a inmensa maioría da poboación rexéitaas".

"Rueda foi un asiduo da feira taurina de Pontevedra acompañando a outros distinguidos militantes do Partido Popular, e no seu papel de primeiro responsable político da comunidade debería realizar un xesto con todas e todos aqueles que abolirían a tauromaquia", sostén Galicia, Mellor Sen Touradas. 

Esta plataforma tamén esixe ao Concello de Pontevedra un maior compromiso para acabar con esta práctica que, segundo considera, é malos tratos animais. 

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora