O Concello de Poio reformará integralmente o parque infantil situado en Chancelas, en Combarro.
Así o anunciou este sábado o alcalde, Ángel Moldes, ante o mal estado e a deterioración da zona de xogos que provocou a súa inutilización, xa que coa maior parte dos elementos desgastados ou rotos supoñen un perigo para os nenos e nenas.
A actuación terá un investimento superior a 30.000 euros financiada nun 70% cunha subvención a Xunta de Galicia.
Supoñerá a renovación dos elementos de xogo, a instalación dun pavimento de caucho e a substitución do valado perimetral.
"Queremos que os nosos nenos e nenas teñan espazos de xogo preto dos seus fogares, pero sobre todo, que estes lugares nos que divertirse e socializar sexan completamente seguros", afirma o alcalde.