Anuncian restricións de tráfico na avenida de Lugo por obras

Pontevedra
08 de febreiro 2022

O Concello de Pontevedra informa de que entre o mércores 9 e o venres 11 de febreiro, ambos incluídos, haberá restricións para o tráfico rodado na avenida de Lugo polas obras de canalización na glorieta na que conflúen a avenida de Lugo e a rúa San Mauro

Plano coas indicacións de tráfico durante as obras na avenida de Lugo
Plano coas indicacións de tráfico durante as obras na avenida de Lugo / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra informa de que entre o mércores 9 e o venres 11 de febreiro, ambos incluídos, haberá restricións para o tráfico rodado na avenida de Lugo.

O motivo desta limitación da circulación de vehículos débese á realización de obras de canalización na glorieta na que conflúen a avenida de Lugo e a rúa San Mauro.

Os vehículos que procedan da rúa San Mauro poderán xirar cara a Loureiro Crespo ou cara á avenida de Lugo sen ter que bordear a rotonda en obras.

No treito da avenida de Lugo, non se atoparán vehículos en sentido contrario, xa que a entrada á cidade de Pontevedra estará pechada entre a rotonda de Burger King e a glorieta en obras.

O acceso desde a rotonda de Burger King cara á avenida de Lugo será posible tomando a avenida Virxinia Pereira e logo virando pola rúa San Mauro ata a glorieta en obras.