Aparatosa saída de vía en Sanxenxo e incendio dun turismo en Poio

Poio
08 de setembro 2024

O accidente producíase ás 05:25 horas da madrugada na zona da Granxa e o vehículo provocou unha colisión múltiple ao impactar contra un turismo aparcado

Turismo ardendo na Seca en Poio
Turismo ardendo na Seca en Poio

Ás 5:25 horas da madrugada, rexistrouse un aparatoso accidente de tráfico na zona da Granxa, no concello de Sanxenxo.

Segundo informa o Concello, un vehículo que circulaba pola calzada saía da vía e chocaba contra outro estacionado.

O impacto foi de tal magnitude que o vehículo aparcado desprazouse, colisionando á súa vez cun terceiro automóbil tamén estacionado.

Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos da Policía Local e o servizo de Emerxencias de Sanxenxo. Afortunadamente, e malia a espectacularidade do accidente, non se rexistraron feridos.

INCENDIO DUN COCHE EN POIO

Na mesma madrugada, o servizo de Emerxencias de Sanxenxo tamén participou na extinción dun incendio que afectou a un vehículo no lugar da Seca, pertencente ao veciño Concello de Poio.

As autoridades informan que neste incidente só se produciron danos materiais, sen que houbera que lamentar danos persoais.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora