Aparece morta na praia de Paxariñas unha cría de cetáceo

Sanxenxo
21 de outubro 2021

Os científicos do CEMMA realizarán unha autopsia ao corpo e estudarán as cicatrices para averiguar que animal feriu ao cetáceo

Cría de balea morta achada na praia de Paxariñas, en Sanxenxo
Cría de balea morta achada na praia de Paxariñas, en Sanxenxo / Emerxencias de Sanxenxo

O servizo de Emerxencias de Sanxenxo deu conta este xoves dun triste achado na praia de Paxariñas. A marea arrastrou ata a beira a unha cría de cetáceo que, segundo as primeiras hipóteses, sospeitábase que pudiera falecer por mor das feridas provocadas polo ataque doutro animal

O corpo, que presentaba polo menos dúas marcas de mordiscos na parte próxima á cabeza e outra na cola, foi retirado a unha parte máis alta do arenal para evitar que fora arrastrado pola marea, á espera da chegada dos profesionais do CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños.

Os científicos prácticarán unha autopsia ao corpo do animal e estudarán as cicatrices para determinar que especie puido atacar a este pequeno cetáceo.

Segundo avanzan desde o CEMMA, o animal é una cría de "toniña" e os mordiscos que presentaba son de quenllas. Non terían nada que ver coa causa da morte.