Apertura do prazo para inscribirse no Cuntilín de Nadal

Umia
08 de decembro 2023

O prazo permanecerá aberto ata o luns 18 de decembro. As solicitudes deberán presentarse persoalmente no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da sede electrónica

Actividade do Cuntilín coa presenza do alcalde Manuel Campos
Actividade do Cuntilín coa presenza do alcalde Manuel Campos / Concello de Cuntis - Arquivo

Manuel Campos Velay, alcalde de Cuntis, publicaba este martes 5 o bando para anunciar a apertura do prazo de inscrición para anotarse ao Cuntilín Nadal 2023/24.

Este prazo permanecerá aberto ata o luns 18 de decembro.

Durante as vacacións do Nadal realizarase unha programación especial e os días en que permanecerá aberto o Cuntilín serán o 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2023, ademais do 2, 3 e 4 de xaneiro de 2024. O horario das actividades comeza ás 09.00 e finaliza ás 14.00 horas.

As familias que xa figuran dentro deste programa simplemente deberán cubrir un impreso que lle facilitarán as traballadoras do Cuntilín. As familias que necesitan facer uso deste programa só no período vacacional deberán realizar a solicitude de inscrición.

As solicitudes deberán presentarse persoalmente no Rexistro do Concello de Cuntis ou a través da sede electrónica municipal.

Os impresos pódense recoller en horario de 09.00 a 14.00 horas na OMIX, no Departamento de Servizos Sociais do Concello ou nas oficinas xerais municipais. Tamén é posible descargalos na sede electrónica ou a través de correo electrónico [email protected]

Cuntilín é un proxecto integral de atención á infancia que ofrece solucións para conciliar a vida laboral, persoal e familiar. Ao mesmo tempo desenvolve unha labora educativa cos menores que participan nas sesións. 

As actividades do programa desenvólvense no C.P.I. Aurelio Marcelino Rey García.