Aprazada por reclamacións a constitución do goberno de nova Cámara de Comercio

Pontevedra
29 de febreiro 2016

Estaba prevista para este martes día 1 de marzo, foi aprazada ata nova data debido á existencia de dúas reclamacións que afectan ás vocalías proclamadas para a formación do mesmo

Firma do acordo de fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
Firma do acordo de fusión das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía / Xunta de Galicia

A celebración do Pleno de constitución do novo goberno corporativo da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, prevista para este martes día 1 de marzo, foi aprazada ata nova data debido á existencia de dúas reclamacións que afectan ás vocalías proclamadas para a formación do mesmo.

Segundo informaron fontes da entidade cameral, a Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, órgano tutelante das Cámaras de Comercio en Galicia, tomou a decisión de aprazar a celebración do Pleno ata que poida estudar e resolver ditas reclamacións, co obxectivo de que non afecten á sesión constitutiva.

O pasado mes de decembro, a Xunta deu a súa visto e prace á fusión de tres das catro Cámaras de Comercio da provincia de Pontevedra, a excepción de Tui.

A nova institución acollerá a 80.000 empresas dos 55 concellos que a compoñen.