Aprazadada ao venres a Batalla de Flores de Marín

Marín
11 de xullo 2024

O tempo inestable obriga ao Concello a modificar a actividade prevista para este xoves. A batalla de flores vai celebrarse ás 22.30 horas deste venres 12 cun percorrido que se inicia na Avenida de Ourense para continuar pola Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal

Batalla de Flores de Marín
Batalla de Flores de Marín / Concello de Marín - Arquivo

O tempo inestable obriga ao Concello de Marín a modificar a actividade prevista para este xoves.

A Batalla de Flores pasa a celebrarse este venres 12 ás 22.30 horas cun percorrido que se inicia na Avenida de Ourense para continuar pola Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal.

A xornada do venres mantén tamén outras propostas como a celebración da III Festa do Viño Adegas Ribeiras do Morrazo na Alameda.

Pola tarde, nas rúas de Marín escoitarase a música animada da Charanga Noroeste, a partir das 20.00 horas.

Ás 21.00 horas, a escritora Arantza Portabales será a encargada de ler o pregón das Festas do Carme na Alameda.

A continuación, no mesmo espazo, a tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela ofrecerá unha actuación para dar paso á Batalla de Flores.

Xa ás 00.00 horas, a Orquestra Kubo fará bailar ao público na Praza de España.