Aprendendo a ser independentes

Pontevedra
01 de abril 2014

A Casa Azul acolle o programa de adquisición de autonomía, habilidades sociais e persoais que organiza o departamento de Benestar social do Concello en colaboración coa asociación Down Pontevedra

Programa de autonomía e habilidades sociais Mónica Patxot

Coller un tren, ir ao cine, tomar un pincho na zona vella, comprar no Mercado son actividades cotiás que están fora do alcance dalgunhas persoas con discapacidad intelectual.

A Casa Azul acolle o programa de adquisición de autonomía, habilidades sociais e persoais que organiza o departamento de Benestar social do Concello en colaboración coa asociación Down Pontevedra.

Está dirixido a rapaces con discapacidade intelectual superior ou igual ó 33% de entre 8 e 15 anos.

Este novidoso programa ten como obxectivo dotar dos apoios necesarios para aumentar a autonomía en tódolos ámbitos da vida: persoal, social, educativo e familiar e traballar as habilidades no aspecto físico, afectivo, cognitivo, comunicativo, social e de inclusión escolar.

Un profesional é o que guía esta aprendizaxe. Traballa en pequenos grupos e constan de adestramento na aula, en combinación con prácticas na rúa. Este profesional coordinase co responsable técnico da Entidade Down Pontevedra "Xuntos".