Aprobado o regulamento e as taxas que rexerán o funcionamento do viveiro de empresas da Lama

A Lama
25 de abril 2022

Os prezos de alugueiro mensual polo uso das naves oscilan entre os 143 e os 216 euros

Pleno do Concello da Lama
Pleno do Concello da Lama

O pleno da corporación municipal do Concello da Lama, presidido polo tenente de alcalde David Carrera, aprobou cos votos a favor dos concelleiros do PPdeG o regulamento e as taxas que rexerán para o funcionamento do viveiro de empresas municipal que alberga o polígono industrial de  Racelo.

Os prezos de alugueiro mensual polo uso das naves oscilan entre os 143 e os 216 euros. Pola oficina, de 22,36 metros cadrados, o prezo de alugueiro mensual será de 89,44 euros. A taxa polo uso da sala de reunións/aula de formación establécese en 6 euros a hora.

Esta iniciativa coa que se pretende apoiar aos emprendedores, favorecer a instalación de novas empresas e crear emprego no municipio está especialmente dirixida a empresas de recente creación que non teñan máis de seis meses de vida ou aquelas que están en proxecto de constitución e que terán un prazo máximo de tres meses para formaliza o seu funcionamento.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA POLA INFLACIÓN

Por outra banda, o pleno aprobou por unanimidade un suplemento de crédito para partidas xa establecidas que se prevé que resulten insuficientes debido ao aumento do custe dos combustibles, a enerxía eléctrica e os materiais de construción empregados en obras e servizos municipais o que motivou que diversas partidas fosen  suplementadas aproveitando o remanente de tesourería existente como resultado do exercicio económico pechado no ano anterior.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora