Aproban o proxecto das obras que afectan a Marín do novo abastecemento de auga

Marín
23 de outubro 2014

A Dirección Xeral do Auga aprobou o proxecto que afecta a Marín, unha vez que se tiveron en conta a aprobación do Plan de Urbanismo e as distintas reunións con técnicos e con veciños. Cando se publique nos boletines oficiais comezará o prazo de exposición pública

Tubaxes de abastecemento de auga
Tubaxes de abastecemento de auga

A Dirección Xeral do Auga, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, aprobou o proxecto das obras do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría que afectan a Marín, unha vez que se tiveron en conta a aprobación do Plan de Urbanismo e as distintas reunións con técnicos e con veciños. Cando se publique nos boletíns oficiais comezará o prazo de exposición pública.

As obras que se inclúen neste proxecto son as seguintes:

  • Conexión co eixe O Casal ⿿ Outeiro da Barcia, actualmente en execución, finalizando no novo depósito proxectado de Pardavila.
  • Condución de distribución desde o novo depósito de Pardavila á rede existente de Marín. Ademais, plantéxase un sistema de conexións coa rede existente de Cadrelo.
  • Novo depósito de Pardavila de 2.000 metros cúbicos de capacidade.
  • Instalación de by-pass para o enchido do depósito existente de Cadrelo.
  • Sistema de telexestión.

 

O concello solicitou unha copia en papel do proxecto definitivo, que estará a disposición dos afectados para que poidan acceder á información.

O seu presuposto de licitación é de 5.414.992,17 euros e o prazo de execución das obras é de doce meses.