Araceli Vizcaíno visita a Alcaldía para celebrar os seus 101 anos

Pontevedra
07 de maio 2021

Miguel Anxo Fernández Lores felicitou este venres a esta veterana pontevedresa, familiar de Benito Corbal e do pintor Conde Corbal. A muller tivo que ser acompañada para achegarse ata o Concello porque se despraza en cadeira de rodas. Recibiu un ramo de flores do Concello de Pontevedra

O alcalde felicita a Araceli Vizcaíno polos seus 101 anos
O alcalde felicita a Araceli Vizcaíno polos seus 101 anos / Concello de Pontevedra

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, recibía este venres no despacho da Alcaldía a Araceli Vizcaíno Corbal que celebra 101 anos de idade. Esta veciña de Pontevedra quixo desprazarse ao edificio consistorial da rúa Michelena para realizar esta visita.

En 2020, coa celebración do seu centenario, o encontro o alcalde e Araceli Vizcaíno producíase nun céntrico establecemento da cidade, onde ambos tomaban un vermú nunha terraza.

Araceli Vizcaíno é familiar do empresario e político galego Benito Corbal e do pintor Conde Corbal. Atópase en bo estado de saúde pero, na actualidade, coa mobilidade reducida, o que lle obriga a ser trasladada en cadeira de rodas.

O alcalde entrégalle o tradicional ramo de flores e comprometíase a que en 2022 será el quen lle devolva a visita á súa vivenda.