Areas volve izar a bandeira azul tras as novas análises das augas

Sanxenxo
27 de xullo 2022

O Concello de Sanxenxo informaba na tarde deste mércores 27 que as analíticas realizadas na auga pola Consellería de Sanidade na zona esquerda da praia ofreceron niveis óptimos de calidade. Deste xeito, xa se aconsella aos usuarios que se bañen sen problema nesa zona. O 22 de xullo detectábanse parámetros alterados nas proximidades do regato

Praia de Areas
Praia de Areas / Concello de Sanxenxo - Arquivo

O Concello de Sanxenxo comunicou na tarde deste mércores 27 de xullo que as últimas analíticas da auga realizadas pola Consellería de Sanidade no extremo esquerdo da praia de Areas ofreceron niveis óptimos de calidade.

Estes resultados permiten que, desde o Concello, xa se volva aconsellar o baño na zona e volveu izarse a bandeira azul, que fora arriada o pasado venres 22 de xullo.

A causa desta decisión inicial debíase a que os análises periódicos que realiza a Consellería de Sanidade ofrecera parámetros alterados na zona na que desemboca o regacho que cruza o areal. Desde a administración autonómica solicitábase ao Concello que desaconsellase o baño nesta zona ata comprobar se se garantían as condicións de salubridade.

Con estes últimos análises restablécese a normalidade nunha das praias máis concorridas da vila turística.